
O municipio de Brión cae cara o oeste de Santiago, camiño do mar. Atravésao a estrada C-543 de Santiago a Noia: 13 quilómetros sepárano da capital galega e 23 desta vila mariñeira.
Pasa tamén polo seu territorio a vía rápida de Bertamiráns a Muxía e conecta esta última coa N-55O por medio da LC-300 de Barreiros a Picaraña.
As súas 107 aldeas, repartidas en 9 parroquias, están intercomunicadas por unha rede de pistas asfaltadas que suma máis de 300 km., na que o visitante se pode guiar perfectamente gracias a unha ben estructurada sinalización.
Na nova división comarcal de Galicia, Brión quedou integrado na comarca de Santiago.